DEGUSTACION DE PIZZAS

 Rematamos o ano cunha nova DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS DAQUI DARREDOR, neste caso dun produto dos favoritos da xente nova, a pizza. E para comprobar a súa aceptación, nesta ocasión imos convidar aos mozos e mozas do Clube de acción xuvenil de Brión. 

DEGUSTACIÓN DE PIZZAS CON BASE DE HORTALIZAS



Aberto a todo o mundo. Non fai falta inscribirse, repartirase ata onde chegue! e é de balde!

Vai ser o venres a partir das 9, hora de peche do mercado Daquí darredor, no Formigueiro, terceiro andar do centro comercial de Monte Balado


Esta actividade está financiada na súa totalidade pola Deputación da Coruña e contamos tamén coa colaboración do Concello de Brión que nos cede gratuitamente as instalacións.