SOÑAMOS

 Unha vez tivemos un soño e dese soño xurdiron outros moitos, e deses outros, e deses outros, coma raíces dunha mesma árbore. 


Soños que abranguen moitos ámbitos de traballo, de relación, de vida. 


Soños que fixeron que nos uniramos a outros proxectos. 


Soños xa rematados, soños na súa plenitude, soños nacendo e soños que ainda non están nin postos en palabras.



ALGÚNS DOS NOSOS SOÑOS, 

QUE TAMÉN SON OS DE OUTRAS PERSOAS


Cociñas onde todas e todos poidamos ir transformar o noso produto excedente da horta, das froiteiras:


 ESPAZO COLABORATIVO TRANSFORMANDO EN BRIÓN

TRANSFORMACIÓN DE ALIMENTOS


Os polos que criamos na casa, poderemos vendelos algunha vez aos restaurantes, ás casas veciñas, aos colexios e residencias, para que a xente volva a comer carne de calidade, saudable e a un bo prezo?:


 MATADOIRO MOBIL DE BRION


Se as nosas avoas e os nosos avós eran capaces de sacar adiante a colleita sen botarlles química, por que nós nono podemos facer? "É que non queres, é que non sabes, é que perdiches as habilidades", como di a cantiga:

 

HORTA E FROITA ECOLOXICA

INTERCAMBIO E RECUPERACIÓN DE SEMENTES


Un paso máis alá, comercialización e distribución dos nosos produtos en fresco pero tamén os transformados


FEIRAS E MERCADOS

TENDA AGROECOLOXICA


Sabores, saberes e sentimentos, é unha das nosas máximas. Recuperar os sabores da cociña das nosas casas, aprender unhas doutras nun continuo intercambio de saberes tradicionais e poñendo a nosa alma en todo o que facemos. Loitar por nós pero tamén por toda a nosa veciñanza, pola nosa comunidade, pola nosa "parroquia"


O FORMIGUEIRO