SOMOS

Maisdetres é unha asociación que nace no ano 2015 en Toxosoutos, unha asociación sen ánimo de lucro que xunta a un grupo de persoas inquedas, con grandes soños, con ganas de facer, con ganas de vivir, con ganas de loitar por poder desenvolver o seu proxecto de vida na súa contorna, na súa aldea, ca súa xente.


O desenvolvemento rural e galego é o noso obxectivo principal, o que nos leva a promover e participar en calquera proxecto ou actividade que leve consigo a mellora das condicións de vida do rural galego.


Somos un grupo aberto a novas experiencias, novos proxectos, novas persoas que compartan con nós estas mesmas inquedanzas e teñan ganas de ser parte dunha comunidade pero tamén de facela, de traballar por ela, para xuntos e xuntas medrar cos pés ben plantados na nosa terra e no noso mar.