DEGUSTACIÓN DE CONSERVAS DE HORTALIZAS AO NATURAL E EN ACEITE

E xa que hoxe temos á xente traballando nas cociñas, que menos que comprobar o ben que o fan continuando coa DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS DAQUI DARREDOR 

DEGUSTACIÓN DE CONSERVAS DE HORTALIZAS AO NATURAL E EN ACEITE




Aberto a todo o mundo. Non fai falta inscribirse, repartirase ata onde chegue! e é de balde!

Vai ser o venres a partir das 9, hora de peche do mercado Daquí darredor, no Formigueiro, terceiro andar do centro comercial de Monte Balado



Esta actividade está financiada na súa totalidade pola Deputación da Coruña e contamos tamén coa colaboración do Concello de Brión que nos cede gratuitamente as instalacións.