DEGUSTACIÓN DE CONSERVAS DE HORTALIZAS AGRIDOCES

Imos comezar cunha nova actividade vinculada aos cursos de elaboración de conservas que estamos impartindo este ano en Monte Balado: DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS DAQUI DARREDOR 

Empezamos o vindeiro venres 21 de outubro con

DEGUSTACIÓN DE CONSERVAS DE HORTALIZAS AGRIDOCES


Aberto a todo o mundo. Non fai falta inscribirse, repartirase ata onde chegue! e é de balde!

Vai ser o venres a partir das 9, hora de peche do mercado Daquí darredor, no Formigueiro, terceiro andar do centro comercial de Monte Balado



Esta actividade está financiada na súa totalidade pola Deputación da Coruña e contamos tamén coa colaboración do Concello de Brión que nos cede gratuitamente as instalacións.