CURSO DE CONSERVAS DE HORTALIZAS AGRIDOCES

E despois das accións formativas máis "tostón" (lexislación, hixiene, calidade...), imos darlle un pouco ás potas e aos fogóns e empezamos cunha tandada de catro cursos máis prácticos relacionados coa transformación dos alimentos, que é o que máis nos gusta.

PRIMEIRO CURSO: CONSERVAS DE HORTALIZAS AGRIDOCES

Neste curso imos aprender a facer agridoces coma o chutney ou o ketchup




E xa que imos estar traballando toda a tarde, vinculado a estes cursos imos facer nestes vindeiros meses degustacións abertas a todo o público para que poidan vir probar os nosos produtos, a ver se se animan a mercalos!


Esta formación está financiada na súa totalidade pola Deputación da Coruña e contamos tamén coa colaboración do Concello que nos cede gratuítamente a Aula da terra en Monte Balado.