CURSOS DE ELABORACIÓN DE CONSERVAS
CURSOS: LEXISLACION PARA A COMERCIALIZACIÓN
LEXISLACIÓN PARA A COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS
Cursos de formación en temas relacionados coa normativa vinculada á elaboración e posterior comercialización de produtos da horta os martes e xoves de 16.00 a 20.00 horas:
1. PRODUCION ARTESANAL EN GALICIA. LEXISLACION
2. NORMATIVA HIXIENICO-SANITARIA
3. CALIDADE: NORMATIVA E MERCADOS
Actividade financiada pola Deputación da Coruña
DEGUSTACION DE PIZZAS
Rematamos o ano cunha nova DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS DAQUI DARREDOR, neste caso dun produto dos favoritos da xente nova, a pizza. E para comprobar a súa aceptación, nesta ocasión imos convidar aos mozos e mozas do Clube de acción xuvenil de Brión.
DEGUSTACIÓN DE PIZZAS CON BASE DE HORTALIZAS
Vai ser o venres a partir das 9, hora de peche do mercado Daquí darredor, no Formigueiro, terceiro andar do centro comercial de Monte Balado
Esta actividade está financiada na súa totalidade pola Deputación da Coruña e contamos tamén coa colaboración do Concello de Brión que nos cede gratuitamente as instalacións.
DEGUSTACIÓN DE PRATOS PREPARADOS A BASE DE HORTALIZAS
Para o venres 16 de decembro temos preparada unha nova DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS DAQUI DARREDOR: